A onda sonora (chega do interior)

O Sonoro Maxín volveu aos escenarios o mes de abril de 2012, presentando o seu esperadísimo primeiro disco de estudio chamado “A onda sonora (chega do interior)”, producido por Kaki Arkarazo, e gravado nos estudios Garate, de Andoain (Gipuzkoa) [EH], por Kaki Arkarazo e en Tooma Recordings, de Ourense, por Marcos Vázquez.

O disco, con 13 cancións, expresa a múltiple visión musical do conxunto ourensán, baseado nunha mestura de cumbia, reggae, rock, ranchera, bolero ou vallenato. O deseño do mesmo corre a cargo do artista David Rubín. O Sonoro Maxín fala do seu traballo con estas verbas:

Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas.

Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Camiña polas rúas que pisamos hai tempo e polas que hoxe está prohibido pasear. Traslada dun lado a outro a surfistas sen táboa, unha manda de eguas e cabalos sen dono e un grupo de pallasos que tratan, co riso e sen bromas, asuntos moi serios. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. Viaxan ao seu carón cantantes afónicas, exploradores perdidos, mariñeiras dos fentos e dos toxos, arrieiros que non saen da casa, mamíferas destetadas e plumíferos desplumados.

A Onda Sonora trasmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso. Cara todos e todas coa mesma intención, ser escoitada.

¿Queres coñecer o que a onda sonora está a asubiar?

Escoita A onda sonora (chega do interior)

      23. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Paxaro amigo
      24. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Estou feliz
      25. O Sonoro Maxín · A onda sonora · A rúa do perigo
      26. O Sonoro Maxín · A onda sonora · O tequetengo
      27. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Que viene el pollo
      28. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Zapatos vellos
      29. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Eu era un tipo feliz
      30. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Somos
      31. O Sonoro Maxín · A onda sonora · A catacumbia
      32. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Soy mujer
      33. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Aires do Cuco
      34. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Xa chega o día
      35. O Sonoro Maxín · A onda sonora · Quérote máis

Descarga A onda sonora (chega do interior)

Escoita os Remixes

      36. Remix · A onda sonora · Paxaro amigo · El Hijo de la Cumbia
      37. Remix · A onda sonora · Paxaro-amigo · Marcos Payno
      38. Remix · A onda sonora · Que viene el pollo · Erbedos e Xestas
      39. Remix · A onda sonora · Que viene el pollo · Madame Putufua
      40. Remix · A onda sonora · Que viene el pollo · Quelquechose
      41. Remix · A onda sonora · Zapatos vellos · Fran Amil
      42. Remix · A onda sonora · A catacumbia · El Hijo de la Cumbia
      43. Remix · A onda sonora · A catacumbia · Fernando Raposo
      44. Remix · A onda sonora · Xa chega o día · Emilio Jose

Descarga os Remixes

Remixes – A onda sonora (chega do interior)
Todos os Remixes – Arquivo único .zip [… MB]