Que viene el pollo! naceu como un proxecto compartido, mais resultou ser unha aposta. Alá polo verán de 2009, decidimos ponernos en contacto con bandas ou solistas singulares que estiveran vencellados á Ourense (residentes ou aborixes). Pensamos que, facer unha canción conxunta, poñéndonos de acordo nos moitos aspectos da composición ou sen chegar a acordo ningún, sería una actividade formidable e unha experiencia persoal que recordaríamos sempre. Contactamos con dous solistas únicos e unha banda experimental. Aceptaron. Despois de moitas xuntanzas conseguimos poñerlle ao proxecto un nome: Que viene el pollo! A temática tamén era sinxela: galiñas, galos e polos. E comezamos a traballar conxuntamente.
Logo de moito traballo realizado, chegou un momento en que nin O Sonoro Maxín nin os outros integrantes do proxecto puidemos aguantar máis a intensísima experiencia e chegado o tempo, resolvimos en dar por rematado o lerio.
Hoxe presentamos o resultado daquel experimento. As cancións que saíron de semellante traballo. Aquí as tedes. Disfrutádeas!
“Reviens” de Madame Putufuá
05 - Madame Putufuá - Que viene el pollo
Madame Putufuá é un exemplar único de mona chita, vixiada na sombra polo seu Gerthy, Monsieur Quelquechose; unha verdadeira bomba de reloxería concentrada en 1’57″, para o bo e para o malo. A chica das mil caras. Agarda que nunca se derreta o xeo do seu iglú de Islandia, do que sae de cando en vez para ver a luz do sol.
“Escaravellando no curral” do Grupo experimental de percusión “Érbedos e xestas”
05 - Érbedos e Xestas - Que viene el pollo
O grupo experimental “Érbedos e xestas” é un proxecto musical afincado nos outeiros da cidade. Fan música con todo o que chega ás súas mans: latas, caixas, botellas… Os seus instrumentos están realizados co lixo que deixamos na rúa. Baixan pola noite, tarde, cando non os vemos. Revolven nas bolsas, papeleiras… para darlle una nova oportunidade aos materiais que nós xa dámos por derramados.
“Here comes the chicken” de Monsieur Quelquechose
05 - Quelquechose - Que viene el pollo
Monsieur Quelquechose é o derradeiro membro dunha familia de músicos. Todas as súas creación están empapadas dos coñecementos que os seus pais e avós lle ensinaron durante décadas. El toca todos os instrumentos e leva o control absoluto das propias producións. Acolle na súa casa, cada ano, a estudantes europeos que queiran aprender as súas técnicas revolucionarias.
“Que viene el pollo!” de O Sonoro Maxín
05 - O Sonoro Maxín - Que viene el pollo
A nosa aportación a este tema animal. Unha cumbia que non é tal na que as bestas sofren e disfrutan das actividades humanas como propias. A traxedia, a comedia, o amor e a liberdade danse a man neste novo capítulo das fabulas de Esopo.

Queridxs amigxs,